Skip to main content
As Pontes

A Xanela, nas Pontes recibe unha furgoneta adaptada da Deputación da Coruña

Por 18 Xaneiro, 2024Sin comentarios

A Deputación da Coruña fixo entrega onte á asociación pontesa A Xanela dunha nova furgoneta adaptada, que conta cunha capacidade de 9 prazas, 2 delas para persoas que utilizan cadeira de rodas.

“Sen dúbida, facilitaranos a prestación do servizo de transporte adaptado e favorecerá, desta forma, que todas as persoas, tanto dentro do Concello das Pontes como da contorna, podan acudir aos servizos terapéuticos e de esparcemento no noso centro”, explicaron desde o colectivo.