Skip to main content
As Pontes

Os premios Hume do 2024 xa teñen gañadores

Por 21 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O historiador ourensán Rodrigo Pouse, veciño de Vigo, foi o gañador este ano o Premio de Investigación Hume, na súa VIII edición.

O traballo gañador leva o título As Pontes en el reinado de Felipe II (1556-1598). Administración jurisdiccional y municipal e fai un percorrido pola configuración deste concello no século XVI, nunha época pouco estudada.

“Non seu traballo realiza un estudo da administración municipal coa modalidade de concello aberto e tamén sobre a administración xurisdicional. Este traballo vén dar luz a unha parte importante da historia pontesa como é a historia moderna e permite coñecer o case nulo desenvolvemento urbano do municipio. Posúe un gran estudo de campo, con rexistro do arquivo consultado e numerosas citas”, dixo o xurado.

En segundo lugar quedou o traballo do pontés Javier Barcón, técnico en delineación, que se presentou en numerosas ocasións e que xa recibiu o segundo premio en dúas citas anteriores e un accésit noutra. Nesta ocasión presentou o traballo Puentes de García Rodríguez surcó los mares, no que fala da construción e botadura dun petroleiro construído nos artilleiros de Bazán, en Ferrol, no ano 1952.

Destacou o xurado sobre este traballo ” o esforzo en vincular temas moi diversos, pero que teñen como fío condutor o mundo do petróleo e as súas implicacións industriais nun momento no que o debate mundial céntrase na sustentabilidade e na procura de alternativas aos combustibles fósiles”.

Tamén concedeuse un accésit a Jorge Vidal, arquitecto de Ribeira de Piquín, polo seu traballo Os grandes esquecidos. Os depósitos de augas do Poboado das Veigas.

O gañador do premio recibirá 2000 euros, o segundo 1000 e ao accésit correspóndenlle 200 euros.