Skip to main content
As Pontes

A aula Cemit das Pontes inicia dous cursos de formación dixital

Por 29 Xaneiro, 2024Sin comentarios

A aula Cemit das Pontes inicia este mércores, 31 de xaneiro, dúas formacións para principiantes.

Por una banda comeza o curso de Iniciación a informática e Internet, que achegará ao alumnado ao mundo dixital. O curso terá unha duración de 60 horas e impartirase de 9.30 a 13.30 horas de luns a venres.

O curso está aberto a toda a poboación e a inscrición ten que facerse previamente no teléfono 670 892 227, no correo cemit.aspontes@xunta.gal ou na propia aula.

Ademais, comezará outro de iniciación a Canva, para a creación de materiais gráficos. Impartirase no mesmo horario e terá tamén 60 horas. Require de inscrición previa.