Skip to main content
Deportes TERRACHÁXARábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Novo éxito da Don Silvestre Rabadense con 378 participantes

Por 2 Xaneiro, 2024Xaneiro 3rd, 2024Sin comentarios

Rábade contou un ano máis coa súa tradicional carreira popular de San Silvestre, que chegou á súa IX edición cun total de 378 inscritos nunha proba disputada o domingo pola mañá.

A Don Silvestre Rabadense para ps máis pequenos estivo dividida en tres grupos, con percorridos entre os 50 metros e os 1.200 metros. Despois fíxose a carreira absoluta, cunha participación de 255 persoas.

Ao ser unha proba non competitiva non houbo clasificación pero si, ao remate do evento, fíxose entrega dos premios aos catro mellores disfraces. Recibiron un agasallo e unha medalla todos os menores participantes e houbo sorteos ademais dun refrixerio ao terminar.