Skip to main content
RiotortoRiotorto AMARIÑAXA

Riotorto celebrará o Entroido cunha festa e concurso o 12

Por 31 Xaneiro, 2024Febreiro 9th, 2024Sin comentarios

O Riotorto C.F. organiza o tradicional Entroido 2020 que será o luns 12 de febreiro a partires das 23.00 horas no pavillón do colexio de Riotorto. Contarán coa actuación do dúo musical Eclipse para amenizar a festa.

Haberá premios para os mellores disfraces, así na categoría de grupos e charangas o premio será de 500 euros, para parellas será de 200 euros e o individual levará 100 euros.

Aquelas persoas ou grupos que queiran participar no desfile deberán inscribirse e estar no pavillón antes da media noite. O xurado valorará a orixinalidade e a simpatía dos participantes.

FESTA INFANTIL

O Concello de Riotorto organiza unha festa de Entroido infantil o martes 13 de febreiro. A xornada, que será de 17.00 a 20.00 horas, contará con inchables e talleres ademais do tradicional desfile.

Despois da festa ás 20.00 horas, que se celebrará no pavillón polideportivo, poderase desfrutar de chocolate con churros.

Para participar non será necesario anotarse previamente no Concello.