Skip to main content
Vilalba

Renda reúnese coa veciñanza do grupo Pedrosa Latas

Por 18 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O tenente alcalde e responsable de Urbanismo do Concello de Vilalba, Modesto Renda, convocou aos veciños e veciñas do grupo de vivendas Pedrosa Latas (tamén coñecidas por Casas Baratas da Chouzana) a unha xuntanza na Casa da Cultura.

O obxecto da mesma é resolver da man do técnico redactor calquera dúbida en relación coas marxes de edificabilidade que, para este conxunto están previstas no modificado da normativa urbanística (Modificación Puntual das Normas Subsidiarias) que o Concello de Vilalba está a promover.