Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

Carlos Torrado incorpórase ao Vilalbés e marcha Santi Gegunde

Por 30 Xaneiro, 2024Sin comentarios

Carlos Torrado incorporouse esta semana á disciplina do Rácing Club Vilalbés e xa adestrou co equipo antes do partido no que o verdivermello perdeu co Rayo Cantabria pola mínima.

Torrado chega cedido polo CD Lugo ata final de tempada. Nado en 1999, antes de formar parte do club lucense xogou no Coruxo FC en Segunda B e no Arousa SC en Terceira División.

Xunto a esta incorporación anunciouse tamén a baixa de Santi Gegunde, que pecha a súa segunda etapa no club logo de tempada e media tralo seu retorno.

“Desde o Racing Villalbés queremos agradecer o seu traballo ó longo deste tempo, cheo de éxitos para o equipo”, dixeron desde o club.