Skip to main content
Xermade

Xermade convoca as axudas a entidades públicas e privadas

Por 20 Xaneiro, 2024Xaneiro 21st, 2024Sin comentarios

A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade reuniuse o pasado mércores 3 de xaneiro de 2024 en sesión ordinaria. Entre outros asuntos, aprobouse a convocatoria pública de subvencións municipais a entidades públicas ou privadas para o fomento de actividades de interese municipal nos anos 2023-2024.

Esta convocatoria contempla tres novidades respecto das convocatorias de anos anteriores. O período subvencionable é do 1 de novembro de 2023 ao 31 de outubro de 2024 (base segunda); o crédito orzamentario é de 20.685,00 euros (base segunda) e como máximo concederanse 2.800 euros por entidade (base quinta). Engádese tamén a posibilidade de solicitar un anticipo prepagable do 50% da subvención concedida (base sétima).

A convocatoria publicouse no BOP nº 012 o luns 15 de xaneiro e o prazo para presentar as solicitudes remata o 15 de febreiro de 2024.

As persoas e entidades interesadas poden contactar co técnico local de emprego se queren recibir máis información respecto destas axudas (ernesto@xermade.org).