Skip to main content
CervoDeportes AMARIÑAXA

Este sábado celebrase en Cervo, nas pistas de atletismo da Veiga, o Campionato de Galicia de 10.000 metros

Por 2 Febreiro, 2024Febreiro 3rd, 2024Sin comentarios

Este sábado celebrase nas pistas de atletismo da Veiga o Campionato Xunta de Galicia de 10.000 m. para as categorías absolutas, sub23 e máster; e de 5000 m. para as Sub18 e Sub20.

O campionato dará comezo ás 15.30 horas, pero pola mañá realizarase unha xornada de control Concello de Cervo para as categorías base do atletismo.

Este primeiro campionato oficial nas pistas cervenses, supón a posta de longo destas desexadas instalacións que veñen a dar un importantísimo servizo a toda a zona da Mariña. Con esta infraestrutura preténdese atender e dar servizo a todas as escolas e clubs da zona e servir ao mesmo tempo, como ferramenta indispensable para continuar co traballo de promoción e desenrolo do atletismo en toda a comarca.

A rexedora local animou a veciños e visitantes a que “se acheguen nesa xornada a gozar do atletismo nestas instalacións privilexiadas que temos na Veiga, no que será o primeiro campionato oficial que acollerá esta instalación recentemente inaugurada”este sábado temos unha gran cita na Veiga”.