Skip to main content
Deportes AMARIÑAXARibadeo

Ribadeo acollerá o domingo o Campionato Galego de Remoergómetro

Por 7 Febreiro, 2024Febreiro 8th, 2024Sin comentarios

Ribadeo acollerá o vindeiro domingo, 11 de febreiro, o Campionato Galego de Remoergómetro. Será no pavillón polideportivo. O evento, que foi presentado hoxe, está organizado polo Club de Remo de Ribadeo, a Federación Galega de Remo e o Concello de Ribadeo e colabora a Área de Mocidade da Deputación de Lugo.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “no pavillón vanse instalar arredor de 40 ergómetros para este campionato galego no que participarán unhas 600 persoas. Ao tratarse dun campionato galego aquí estarán os campións destas fins de semanas atrás”.

O edil ribadense engadiu: “para nós é un orgullo seguir acollendo a celebración de eventos deportivos deste calibre polo que supón para a promoción de Ribadeo e para a dinamización da hostalería local”.

E tivo palabras de agradecemento para “o Club de Remo de Ribadeo pola organización deste evento, no que tamén colaboran a Federación Galega de Remo, a Área de Mocidade da Deputación de Lugo e o Concello de Ribadeo”.