Skip to main content
Alfoz

Alfoz acolle unha charla informativa sobre control e xestión da dor

Por 4 Febreiro, 2024Sin comentarios

A aula Omix do centro sociocultural de Alfoz acolle o vindeiro 16 de febreiro unha charla informativa sobre control e xestión da dor.

Esta cita será ás 10.30 horas e durante o obradoiro proporcionaranse habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida das persoas que presentan dor aguda e crónica, así como información sobre diferentes alternativas para a avaliación e tratamento da dor.

As persoas interesadas en inscribirse na actividade poden facelo ata o 9 de febreiro, presencialmente no Concello de Alfoz ou no teléfono 982 55 80 01.

O obradoiro, impartido por Enrique del Arco Herrero, realízase en colaboración coa Escola Galega de Saúde.