Skip to main content
Alfoz

15 rapaces franceses atópanse de intercambio no IES Alfoz-Valadouro

Por 6 Febreiro, 2024Sin comentarios

A alcadesa de Alfoz, Efigenia Maseda, deulle a benvida ao alumando francés de intercambio no IES Alfoz-Valadouro.

Efigenia acercouse ao IES para recibir ao alumnado galo cun agasallo e intercambiou experiencias tanto cos 15 rapaces e rapazas como coas dúas profesoras que os acompañan. Durante uns días convivirán con familias do Val e celebrarán diferentes actividades e viaxes organizadas polo IES para coñecer a nosa comarca, a provincia e Galicia.

“A experiencia que está a vivir a rapazada son das que non se esquecen. Os intercambios son unha ferramenta moi positiva para mellorar a lingua que están a estudar e para coñecer diferentes culturas” apuntou a Alcaldesa sobre o encontro.