Skip to main content
Barreiros

O Entroido de Barreiros será do 11 ao 16 de febreiro

Por 6 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Entroido será do 11 ao 16 de febreiro e comezará coa festa infantil de disfraces no centro social o domingo 11 de 15.00 a 20.00 horas con pintacaras, xogos e música.

O luns 12 e o mércores 14 haberá actividades para os nenos de 10.00 a 13.00 horas (con inscrición previa) e rematará a programación o venres 16 co xa tradicional desfile de Entroido a partir das 21.00 e que este ano trae como novidades unha gran primeira demostración na praza do Concello de cada participante para logo desfilar ata o centro social.

Ao rematar haberá festa con Dj Eventec, postos de comida e a posterior entrega de 1.000 euros en premios.

Na organización do desfile do día 16 colaboran as comparsas locais Macanudos e Habelas Hainas.