Skip to main content
Cervo

Nova edición do certame de amor na rede de Cervo

Por 6 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Cervo, a través das delegacións de Educación e Xuventude, convoca un ano máis con motivo do Día dos Namorados o tradicional certame de amor na rede que xa vai pola X edición.

Todos aqueles/as interesados/as poderán presentar o seu traballo en tres formatos diferentes: unha carta que non supere o espazo dun DIN-A4, un vídeo que non supere a duración de un minuto, ou unha foto. Estableceranse dúas categorías en función da idade: unha para maiores e outra para menores de 18 anos.

O prazo de presentación para a entrega dos traballos remata o luns 12 de febreiro. Poderán enviarse a través do correo electrónico prensa@concellodecervo.com ou a través do Whatsapp 683 315 939.

Os orixinais serán publicados o mércores 14 de febreiro no Facebook do Concello de Cervo. Aqueles que teñan máis “gústame” ata as 22:00 horas dese día serán os/as gañadores/as na súa correspondente franxa de idade e categoría. Ademais, entregarase un premio ao traballo máis orixinal en cada unha das categorías de idade.

Os/as gañadores/as publicaranse o venres 16 de febreiro nas redes sociais do Concello de Cervo.

Na categoría para menores de 18 anos, o premio consistirá nun vale de 40€, para os mellores traballos en cada un dos formatos, para gastar en calquera establecemento do Concello de Cervo. Na categoría para maiores de 18, a recompensa será un vale, tamén por cada formato que resulte gañador, que se poderá trocar por unha cea para dúas persoas en calquera establecemento hostaleiro do termo municipal.