Skip to main content
Foz

O San Valentín de Acia Foz CCA será con doces e cóctel afrodisíacos

Por 8 Febreiro, 2024Febreiro 9th, 2024Sin comentarios

En Foz haberá doces e cóctel afrodisíacos para celebrar San Valentín do 9 ao 14 de febreiro dentro da campaña destas datas de Acia Foz CCA. A tradicional cita foi presentada polos responsables dos establecementos participantes Xoyma, Anduriña e Marexada, acompañados da concelleira de Comercio, Katherina Navarro.

O presidente de Acia Foz CCA, José Carlos Paleo, explica que “dentro da nosa campaña de San Valentín do 9 ao 14 de febreiro Anduriña e Xoyma ofrecerán doces afrodisíacos e Marexada un cóctel tamén afrodisíaco. Así queremos que a xente celebre o Día dos Namorados degustando algunha destas propostas, que xa son tradicionais nesta campaña. Ademais na hostalería sabemos que hai menús especiais preparados para que poidamos gozar desta data dun xeito especial”.

Acia Foz CCA sorteará 1.000 euros en vales de compra na súa campaña de San Valentín, que se desenvolverá do 8 ao 14 de febreiro. O sorteo terá lugar o día 19 en Radio Foz.