Xa se coñecen os gañadores do sorteo de 1.000 euros en vales de compra da campaña de San Valentín de Acia Foz CCA. Os premios serán entregados o vindeiro venres, 23 de febreiro, ás 20.30 horas no Cenima.
As persoas que realizaron as súas compras no comercio asociado entre os días 8 e 14 de febreiro entraron no sorteo de 10 vales de compra de 100 euros cada un.
As afortunadas e afortunados son Toñita Borrajo, por unha compra realizada en Lencería Esther; Alba Goás en Dermoterapia; Amelia Acebo en Kukadas; Mercedes Fernández en Clínica Maas Saúde; Álvaro Seivane en Mapfre; Carmen Moreda en Salai Campo; Antonio Navallo en Chinela Nenos; María Esmorís en Longarela Moda; Lucía Mera en Pastelería Anduriña e Yolanda Camino en Unique-2
O sorteo, que tivo lugar en Radio Foz, foi conducido por David Val. No mesmo participaron a concelleira de Comercio, Kathy Navarro, e a xerente de AciaFozCCA, Ana Segade. AciaFozCCA contou para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.
Desde a asociación focense agradecen “a fidelidade depositada unha vez máis no comercio local para as compras de San Valentín e a elección da hostalería focense para celebrar esta data”.