Skip to main content
Lourenzá

Augas de Galicia fixo tarefas de limpeza nos treitos interurbanos do río Baus, en Lourenzá

Por 24 Febreiro, 2024Sin comentarios

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de rematar as actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Baus, no concello de Lourenzá.

Estas tarefas desenvolvéronse nunha lonxitude de 226 metros, no percorrido deste río pola parroquia de San Xurxo de Lourenzá.

En concreto, os traballos iniciáronse tras recibir o servizo de Conservación Fluvial de Augas de Galicia a notificación da demarcación hidrográfica da Mariña da existencia de dúas árbores caídas obstruíndo o dominio público hidráulico.

Os traballos centráronse na roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e biomasa presente na canle para evitar atoamentos.

Unha vez finalizadas estas actuacións, o río Baus quedou despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e nas súas zonas de acceso e protección.

Estas intervencións permiten a mellora dos leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos