Skip to main content
A Pontenova

Alumnos do IES Enrique Muruais homenaxean á troita da Pontenova

Por 20 Febreiro, 2024Sin comentarios

Alumnos do IES Enrique Muruais da Pontenova están a crear unha escultura en forma de troita para homenaxear á popular festividade da localidade.

O presidente do Centro de Iniciativas Turísticas, Francisco Rois, sinalou que “será de 8 metros, 35 centímetros máis que a que hai en Míchigan, Estados Unidos, que ten 7,65 metros”.

Tamén solicitaron aos artistas encargados da peza que se asemelle o máis posible a unha troita do río Eo, “polo que o ferro estará pintado, branca na barriga, algo amarela e con pintas vermellas polo corpo”, di Rois, ” e a cola estará un pouco ladeada para simular que está saltando”.

A obra será inaugurada o vindeiro 30 de abril coincidindo coa celebración do pregón da 44ª Festa da Troita do Concello da Pontenova, declarada de Interese Turístico Galego e de Interese Turístico Deportivo Nacional, e estará colocada no paseo á beira do río Eo, á altura do Pozo da Ola.