Skip to main content
A Pontenova

A Festa da Troita da Pontenova nominada por segundo ano como Mellor evento Deportivo na III Gala Premios Pesca

Por 19 Febreiro, 2024Febreiro 20th, 2024Sin comentarios

A Festa da Troita da Pontenova foi nominada por segundo ano como Mellor evento Deportivo España na III Gala Premios Pesca a Nivel Nacional, que organiza o programa Río de la Vida de Bom Radio.

O encargado de recoller este galardón o ano pasado foi Javier Rois, presidente do Centro de Iniciativas Turísticas ou CIT da Pontenova.

Esta cita celebrarase o 2 de marzo na Casa da Música e o Teatro en Arroyo de la Encomienda, Valladolid, e premiará en diferentes ambitos á pesca deportiva, reunindo aos cen mellores pescadores.

Ademais, o famoso escritor francés Guy Roques, que tamén estivo no 2023 na Festa da Troita da Pontenova, será o invitado de honra e falará sobre a súa traxectoria como pescaos e as súas experiencias.