Skip to main content
Ribadeo

Comezou o proxecto europeo sobre hidróxeno verde aplicado principalmente a vehículos no que participa Apaga

Por 8 Febreiro, 2024Sin comentarios

A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia inicia un proxecto europeo sobre hidróxeno verde aplicado principalmente a vehículos con outros catro socios de Turquía, Croacia, Italia e Portugal. A primeira xuntanza de traballo celébrase en Lisboa.

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, comentou que “neste momento, dentro do proceso de internacionalización que levamos a cabo desde hai uns anos, estamos a poñer en marcha este proxecto de innovación sobre o hidróxeno verde aplicado principalmente a vehículos”.

Doural explicou que “é un proxecto a dous anos no que vai haber unha serie de reunións. O punto de arranque está a ser en Lisboa, desde hoxe ata o venres, día 9 de febreiro, e partir de aí programaremos unha serie de encontros e de xornadas de traballo que se van desenvolver durante dous anos”.