Skip to main content
Ribadeo

O Concello de Ribadeo quere solucionar os problemas da pista multideporte

Por 22 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Concello está a traballar para solucionar os problemas que presenta a pista multideporte. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, contou que “o concello está traballando en solucionar todos os problemas que nos encontramos na pista de skate, na pista multideporte. Parécenos unha irresponsabilidade o que se fixo por parte do anterior goberno que estaba mais preocupado en apurar a fin de obra e non fixo o seguimento que se debería de ter feito para non atoparnos agora co estado no que está a pista”.

O edil ribadense subliñou que “nosoutros agora de forma xurídica-administrativa estamos tratando de solucionar todos eses problemas, xa temos un estudio lumínico e un informe de profesionais do mundo do skate que nos remitiron un escrito coas deficiencias na construción que impiden o normal desenvolvemento dese deporte que forma parte importante desa pista”.

Silvent dixo que “agora non podemos querer arranxar todo ás presas, xa que iría en contra do peto de todos os ribadenses. Seguiremos todas as canles legais para arranxar todo da mellor maneira posible. O meu compañeiro Diego Dos Santos si que está a facer un gran traballo como concelleiro de Obras revisando día a día todas as obras que se están desenvolvendo no noso concello para non ter estes problemas no futuro”.