Skip to main content
Ribadeo

‘Coco El Musical Recuérdame’ chegará a Ribadeo en maio

Por 26 Febreiro, 2024Sin comentarios

Coco El Musical Recuérdame chegará por primeira vez a Ribadeo o vindeiro 4 de maio ás cinco da tarde. As entradas para este espectáculo infantil e familiar xa están á venda.

Trátase da grande xira do quinto aniversario deste musical que desde 2018 conta con cheos absolutos nas súas funcións. Xa foi visto e aclamado por máis de 600.000 espectadores nos principais espazos escénicos de España.

Da prestixiosa Compañía de Teatro Musical de España e baixo a dirección do mítico actor e director dos grandes musicais de España, Pedro Pomares, deleitarán aos asistentes cun dos grandes musicais dos últimos anos, con voces en directo e cun apaixonante espectáculo que emocionará a toda a familia.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, declarou que “desde o Concello estamos encantados de recibir en Ribadeo a esta compañía e a este espectáculo que fará as delicias das familias do noso municipio e toda a contorna. Animamos a todas e a todos a achegarse á nosa vila o vindeiro 4 de maio a pasar unha tarde musical do máis agradable”.