Skip to main content
Ribadeo

Dúas Big Band´s actuarán este venres en Ribadeo

Por 29 Febreiro, 2024Marzo 1st, 2024Sin comentarios

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo, dentro dos actos do trinta aniversario, xunto co Conservatorio Profesional de Música e Danza de Xixón, organizan un intercambio no que participarán as Big Band´s dos dous centros educativos.

O primeiro concerto será este venres, 1 de marzo, ás 20 horas no Teatro de Ribadeo, con entrada libre, e en segunda quenda terá lugar en Xixón o 7 de marzo (xoves).

En ambos concertos, cada agrupación fará unha parte do concerto en solitario para rematalos coa actuación conxunta dos dous grupos.

Este tipo de intercambios e xornadas de convivencia veñen formando parte ao longo dos anos da programación académica da EMMeD de Ribadeo.