Skip to main content
Trabada

Trabada conta xa cun novo campo de bolos

Por 1 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Trabada conta xa cun novo campo de bolos, ampliando desta forma os espazos deportivos e de lecer para os seus veciños e veciñas.

Un proxecto que se levou a cabo coa colaboración da Deputación de Lugo, pois a anterior rexedora, Mayra García Bermúdez, asinou o ano pasado un convenio para a súa posta en marcha co presidente da institución provincial, José Tomé Roca.

“Os nosos veciños e veciñas contan agora cunha zona deportiva ampla cunha pista de pádel, unha pista multideporte e unha tirolina infantil, á que agora se suma este campo de bolos”, sostén o alcalde, Rubén García.

“En Trabada temos veciños que son socios do Club de Bolos Ribatra e quixemos que contaran cun espazo adecuado que lles permitira practicar este deporte tradicional; preservar a nosa cultura e as nosas tradicións tamén é algo que temos presente”, explica.

“Seguiremos investindo, atendendo ademais as demandas dos maiores e dos máis cativos, como dixo Mayra na última visita que fixo ao colexio como alcaldesa. Ela sempre os fixo partícipes e nós imos seguir na mesma liña de escoita activa, pois para nós todos importan teñan a idade que teñan”, engade García.