Skip to main content
O Valadouro

Comeza o mes gandeiro do Valadouro coa Feira de Razas Autóctonas

Por 4 Febreiro, 2024Sin comentarios

O mes gandeiro do Valadouro comezou este sábado coa Feira de Razas Autóctonas, organizada pola concellería de Medio Rural do Concello do Valadouro coa colaboración de asociacións gandeiras e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

O deputado de Rural Daniel García visitou o recinto feiral, que albergou con exemplares de cabalo de pura raza galega, porco celta , ovella e cabra galega, rubia galega, morenas noroeste, burro fariñeiro, galiña de mos, pita piñeira e can de palleiro.

Daniel García valorou “o traballo dos gandeiros e gandeiras que trouxeron os seus animais á feira, propiciando esta xornada festiva e de reivindicación da gandeiría e do rural” e destacou “a importancia da conservación das razas autóctonas, que vai aparellada á conservación e á protección do territorio e da paisaxe”