Skip to main content
O Valadouro

O Valadouro acolle o III Concurso de Andadura Galega

Por 17 Febreiro, 2024Sin comentarios

Este sábado 17 volve ao Valadouro a gandaría e a promoción das razas autóctonas. Xa se celebraron a V Feira de Razas Autóctonas da Mariña  o pasado 3 de febreiro e a formación entorno ao Real Decreto 1053/2022 de Ordenación das Granxas Bovinas.

Así que para rematar, o 17 de febreiro terá lugar a II Feira de Gando no Aparcadoiro Municipal, mentres que no Camiño da Granda terá lugar o III Concurso de Andadura Galega da man de PURAGA. Ambas actividades arrancarán pola mañá. Ao tempo, durante a fin de semana, ASOPORCEL promove a degustación gratuíta de carne de porco celta nos locais hostaleiros.

Daniel García destacou “a importancia de levar focalizar estas actividades ao longo dun mes, que permite potenciar o sector primario e, especialmente, a actividade gandeira, poñendo en valor a tradición desta área da provincia na cría de cabalos e gando vacún”. “Dende a área de Rural sabemos a necesidade de desenvolver programas que permitan a promoción da gandería extensiva e das razas autóctonas para dinamizar o rural tanto social como economicamente, ao tempo que axudamos na conservación do territorio”