Skip to main content
O Valadouro

Amado Lar O Valadouro busca socios

Por 25 Febreiro, 2024Sin comentarios

A Asociación Cultural Amado Lar O Valadouro vén de informar que está aberto a inscrición para facerse socio do seu colectivo. Así sinalan que se pode contactar con eles nos teléfonos 609 371 551, 680 766 568, 646 825 113 ou 649 593 139, ou poñerse en contacto por email en amadolarvaladouro@gmail.com.

Esta asociación naceu nos anos 80, nun momento de auxe das asociacións culturais e de recuperación das tradicións e na que o baile tradicional estaba en auxe. Respaldados por unha poboación grande e participativa, creceron durante anos, antes de que a perda de veciños pola emigración chegase tamén ás súas aulas.

De feito, a asociación contou coa súa propia coral e un grupo de teatro e coa caída poboacional de Valadouro fóronse perdendo no tempo. O que si se mantén con forza é o seu apartado folclórico. A día de hoxe manteñen tres liñas formativas, o baile, no que hai tres grupos de idade; as cantareiras e a gaita e percusión. En total, están a formar parte del máis de setenta persoas de todas as idades que pertencen a un ou a varias destas especialidades.

A presenza de Amado Lar na vida cultural do Valadouro nótase en máis momentos do ano ademais do Mercado de Primavera. De feito, outro dos momentos importantes é a celebración da Mostra que fan unha semana antes das Festas do Oito, que teñen lugar no mes de setembro.