Skip to main content
Viveiro

O PP de Viveiro critica o estado dos parque municipais

Por 6 Febreiro, 2024Febreiro 14th, 2024Sin comentarios

Mariña Gueimunde, portavoz do Grupo Municipal Partido Popular de Viveiro, vén de realizar un rogo ao Concello de Viveiro sobre os parques infantís do municipio.

“As familias de Covas trasládannos a súa preocupación polo estado de abandono que sofre o parque infantil na zona de Parquemar”, di, “os xogos están sucios e deteriorados, o pavimento dos xogos infantís terriblemente danado en diferentes puntos, as madeiras podrecidas e as lousas rotas, o que dificulta o paso aos carriños dos bebés e aos pais e avós que acompañan aos nenos e nenas do lugar”, engade. “Os nenos perden a estabilidade e os pequenos accidentes con cortes e feridas suceden a diario comenta un dos pais”.

As Nogueiras son unha paraxe natural que forma parte do patrimonio ambiental e turístico do concello. Un espazo aberto, tranquilo e agradable ao que se accede a través dunha frondosa avenida de arboleda e unha estreita pista que permite con dificultade o paso de dous vehículos que circulen en sentido contrario.

Desde hai un tempo os veciños e veciñas do barrio de Pénjamo así como os da propia contorna, son testemuñas do estado de abandono do lugar ao sentir que “o Concello converteuno nunha entulleira que embaza a paisaxe con pilas de ramas, árbores e restos orgánicos diseminados pola zona que impiden o tránsito e embazan a beleza da paraxe. E a pista de acceso sofre unha deterioración importante no firme”, di.