Skip to main content
Viveiro

Por Viveiro critica a seguridade vial na rúa Alonso Pérez e no Camiño Vello

Por 8 Febreiro, 2024Sin comentarios

Manuel Galdo Dopico, concelleiro do Grupo Municipal Por Viveiro vén de trasladar un rogo sobre estado actual das proteccións dar arbores da avenida de Cervantes e da seguridade viaria na rúa Alonso Pérez e no Camiño Vello. 

“Algunhas das proteccións de caucho das arbores da avenida de Cervantes están moi deterioradas”, di, “este feito e preocupante, dado que que aínda non se cumpre un ano dende a súa instalación, e nos fai dubidar de si a elección do material empregado foi axeitada”.

Así mesmo, dúas arbores do Camiño Vello, marxe esquerda dirección Xunqueira, presentan unha acusada inclinación con perigo de caída, “o que pode ocasionar riscos para a seguridade de peóns e automobilistas. A este feito hai que engadir a abundante maleza na outra marxe da rúa”, di Galdo Dopico.

Tamén lembran que no Pleno do 6 de outubro de 2021 foi aprobada por unanimidade unha moción de Por Viveiro, na que se solicitaba a catalogación e sinalización como de preferencia peonil dos tramos carentes de beirarrúa nas rúas Alonso Pérez e Camiño Vello e tamén establecer en 20 km/hora o limite de velocidade máxima nos devanditos tramos de preferencia peonil. “A día de hoxe segue pendente de realización o primeiro punto”, remata dicindo.