Skip to main content
Viveiro

A tradicional Feira das Maulas de Galdo non se celebrará este ano

Por 21 Febreiro, 2024Febreiro 22nd, 2024Sin comentarios

Fotografías de Paco Salgueiro.

O Concello de Viveiro comunicou que este anon non asumirá, coma noutros anos, de forma excepcional a organización da Feira das Maulas.

Esta tradicional Feira de Galdo sempre foi organizada pola asociación de veciños, coa colaboración do Concello de Viveiro, para a cal “o Concello achegaba uns 7.000 euros, xa que non era posible asumilo por parte da asociación de veciños”, sinalan dende o Goberno local.

Este ano, o concello falou coa asociación de veciños para explicarlles que non podía asumir o custo íntegro da organización da feira, e a “asociación tampouco pode facerse cargo, polo que decidiu que non se celebra este ano”, din.

A Feira das Maulas naceu como unha feira franca ou libre, na que os veciños de Galdo vendían aparellos de labranza, gando, pan, viño, panos ou froita.