Skip to main content
Axenda LUGOXALugo

Lugo Cultural pon en marcha un grupo fotográfico con Adra Pallón

Por 8 Febreiro, 2024Sin comentarios

O convenio Lugo Cultural organiza unha nova proposta para os amantes da arte fotográfica, un novo campus co profesional Adra Pallón. O obxectivo é a creación e a experimentación.

Cada un dos participantes creará, tutelado polo lucense, o seu propio proxecto. A actividade terá lugar o 23 de febreiro, o 8 e 15 de marzo, 5 e 19 de abril e 10 de maio na Casa do Saber en horario de 16.30 a 20.30 horas. Pallón é un fotógrafo documental, cunha ampla traxectoria e varios recoñecementos, entre eles, resultou gañador da IV Beca Joana Biarnés coa súa proposta Demotanasia sobre a despoboación rural.

Os interesados poden matricularse ata o vindeiro 12 de febreiro a través dos teléfonos 982 821 513 ou do 982 821 511 e tamén do correo cultura.lugo@usc.gal. Lugo Cultural é un convenio cultural entre a Deputación Provincial de Lugo, o Concello de Lugo e a Universidade de Santiago de Compostela.