Skip to main content
ChantadaComarca LUGOXA

O PP esixe o arranxo inmediato da N-540, ante a paralización por parte de PSOE da autovía A-56

Por 24 Febreiro, 2024Sin comentarios

Dende o PP apoiamos as reivindicacións dos veciños de todos os concellos polos que discorre a estrada N-540 que presenta un estado de mantemento “lamentable, que pon en risco a seguridade dos condutores” ante “a total falta de avances do Goberno de Pedro Sánchez no seu arranxo”.

Deputados do Grupo Provincial Popular e senadores do PP participaron nesta concentración e aseguraron aos veciños de todos os municipios afectados que comparten as súas reclamacións e que defenderán o seu arranxo “todas as veces que sexa necesario ata que estea en boas condicións”.

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, afirmou que “urxe” o arranxo desta estrada transitada a diario por miles de vehículos e que “o plan de rehabilitación anunciado hai uns días polo Goberno de Pedro Sánchez foi electoralista e insuficiente xa que precisamos o arranxo inmediato desta vía e non un plan a máis de 3 anos, no que para o 2024 existe unha partida ridícula”.

Esta estrada é fundamental para a provincia de Lugo xa que é a única conexión coa Alta Velocidade ferroviaria debido “á total falta de avances na construción da autovía A-56”.

Antonio Ameijide recordou “a nefasta” negociación para Lugo e Galicia realizada polo negociador do PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, “que deu todo a Cataluña e País Vasco, mentres a Galicia nos marxinou totalmente”. “Esta é a realidade da negociación entre PSOE e BNG: non hai investimentos para Galicia”, criticou.

O plan de mellora anunciado hai uns días polo executivo de Pedro Sánchez ascende a uns 11 millóns de euros “un novo desprezo para os lucenses” xa que recordou Antonio Ameijide que “o Goberno de Mariano Rajoy contemplaba un plan de reforma desta estrada cun investimento de 20 millóns de euros”.