Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O Goberno local agasallou a históricos ex-xogadores do Club Baloncesto Breogán

Por 24 Febreiro, 2024Sin comentarios

A concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, xunto á concelleira de Participación, Cristina López, reuníronse con históricos ex-xogadores do Club Baloncesto Breogán.

Durante a xuntanza organizada polo medio de comunicación ‘Breogán está en ACB’, as edís agasallaron aos xogadores cun galardón que lembra o seu paso e a súa carreira na cidade de Lugo.