Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O club lucense Alpha Wolf Pack amosa o seu alto nivel no campionato de España de Jiu-Jitsu

Por 29 Febreiro, 2024Sin comentarios

Esta fin de semana celebrouse o campionato de España de Brazilian Jiu-Jitsu no Palacio Multiusos de Guadalaxara, unha cita na que os deportistas do Alpha Wolf Pack, comandados Luis Castaño, gozaron de moi bos resultados. Na cita, que aglutinou máis de 1.200 atletas de distintos puntos da xeografía e cun nivel altísimo, Castaño converteuse en subcampión de España en Non Gi e recibiu a medalla de bronce en Gi.

Pola súa parte, Diego Rodríguez proclamouse subcampión de España en Non Gi e Lucas Gómez foi medalla de bronce en Non Gi, a súa primeira competición vencendo así a rivais moito máis experimentados. Adrián González, a pesar de gañar combates dunha forma espectacular, caeu en oitavos de final e non puido alcanzar medallas, resultado que tampouco foi o esperado para Javier Sangiao. Alejandro Copa e Pablo da Torre non puideron competir pero estiveron a axudar e apoiando aos seus compañeiros en todo momento. O club lucense volverá a competir e demostrar o seu alto nivel na Copa de León o vindeiro 23 de marzo.