Skip to main content
Antas de Ulla

Antas de Ulla celebrará o Entroido o martes 13

Por 4 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Concello ten programados uns días de celebración para o Entroido 2024, nos que o prato forte será o desfile de disfraces do martes 13 ás 22.00 horas. Para participar neste desfile hai que anotarse antes do 12 de febreiro no Concello ou chamando ao 982 379 251.

Esta cita será na praza Nova a partir das 21.00 horas co DJ Tibu, e despois será o desfile. Máis tarde, ás 23.00 horas, haberá unha actuación musical do grupo Dr. Slump, e farase a entrega de premios nos que se repartirán 1.300 euros.

“Animamos a todos os veciños e veciñas a participar no Entroido, uns días para gozar da festa en Antas de Ulla cunha programación para todas as idades”, asegura a alcaldesa, Pilar García Porto.

Ademais o domingo 11 haberá unha pequena festa para nenos na praza Nova a partir das 16.00 horas.