O Concello de Castroverde mellorará e ampliará o seu servizo de recollida de lixo ao aumentar a frota de vehículos. A empresa Servizo dos Concellos Galegos, encargado de dito servizo no municipio, vén de facer entrega ao Goberno local dun novo camión.
Esta iniciativa dá resposta así a unha demanda prevista no obxecto do contrato coa empresa concesionaria.