Skip to main content
CastroverdeLugo

Unha nova mostra afonda na arte e na personalidade de Paco Pestana

Por 2 Febreiro, 2024Sin comentarios

As homenaxes tras a morte xa fai dous anos do polifacético artista Paco Pestana (Castroverde, 1949- Lugo, 2021) parece que non cesan. Agora unha nova mostra, inaugurada este xoves na Fundación Eugenio Granell de Santiago de Compostela, aglutina a obra do castroverdense.

Baixo o nome de Paco Pestana. O curto voo dun paspallás, a proposta exposición invita a volver a visitar o proxecto plástico e vital do artista, a través dunha aposta expositiva que xira en torno a obras, documentación e outros elementos que se atopan en colección particulares. Deste xeito, inténtase amosar a intensa personalidade do artista nun percorrido pola arte e a través da amizade, explican dende a fundación, que ten a súa sede na praza do Toural.

“Non se tata dunha exposición antolóxica senón dun circuíto emocional por pezas de persoas que compartiron amizade, traballo, experiencias ou proxectos co artista”, explican dende a organización.