A unidade móbil da ITV estará o vindeiro mes de marzo no concello de Castroverde. Concretamente, o servizo estará dispoñible do día 15 ao 22 no aparcadoiro das piscinas. As revisións faranse en horario de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas, agás os días 15 e 22 que o horario será de mañá, de 9.00 a 13.30
Para participar é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web.