Skip to main content
Castroverde

A veciñanza de Castroverde celebra o Entroido cun gran desfile

Por 14 Febreiro, 2024Sin comentarios

Este domingo o concello de Castroverde celebrou o Entroido cunha gran festa. Un pasacalles inaugurou a xornada que tivo como prato forte o concurso de disfraces, organizado no pavillón municipal, no que se repartiron 3.600 euros en premios.

Na cita, participaron tanto nenos como adultos, a través de comparsa, parellas ou de xeito individual, establecéndose diferentes premios para cada categoría, que ían desde os 500 euros ata os 40. Valorouse a orixinalidade, a simpatía, o traballo realizado e a posta en escena.

Ademais o concurso contou con premios especiais que só se darán cando o xurado así o considere e soamente terán a posibilidade de obtelos os concursantes que pertenzan ó Concello de Castroverde, sempre e cando non foran agraciados con algún dos premios xerais. O xurado poderá asignarllos a participantes tanto do concurso infantil como do de adultos.