Skip to main content
Castroverde

Castroverde pon en marcha a segunda edición do seu concurso de tapas do 1 ao 3 de marzo

Por 17 Febreiro, 2024Marzo 4th, 2024Sin comentarios

O Concello de Castroverde organiza a segunda edición do seu concurso de tapas os días 1, 2 e 3 de marzo. Nesta nova cita participan cinco locais de hostalería que ofrecerán durante as tres xornadas do vindeiro mes as súas mellores apostas gastronómicas.

A Lenda presentará a súa tapa Éche o que hai, O Camiño participa con Antoxo do mar e O Pendello de Moisés ofrecerá o seu prato As boas costumes. Tamén participan no certame Roma coa tapa Coliseo e Taberna Senador con Airiños do mar.

Os veciños e veciñas de Castroverde, así como todo aquel que se queira achegar poderán gozar das propostas o venres 1 de 20.30 a 23.30, o sábado 2 de 13.00 a 15.30 e de 20.30 a 23.30 e o domingo 3 de 13.00 a 15.30.