Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

Lugo Cultural organiza un encontro co fotógrafo José Manuel Navia

Por 4 Febreiro, 2024Sin comentarios

O convenio Lugo Cultural organiza unha nova proposta para os amantes da arte fotográfica, baixo o nome de Encontró con José Manuel Navia: Fotografía, fragmentos, documentos e ficción.

O profesional está considerado un dos fotógrafos contemporáneos máis importantes do noso país e conta cunha ampla traxectoria e varios premios que recoñecen o seu labor. A actividade terá lugar o 17 de febreiro na Casa do Saber en horario de 16.30 a 20.30 horas. Os interesados poden matricularse ata o vindeiro 12 de febreiro a través dos teléfonos 982 821 513 ou do 982 821 511 e tamén do correo cultura.lugo@usc.gal

Lugo Cultural é un convenio cultural entre a Deputación Provincial de Lugo, o Concello de Lugo e a Universidade de Santiago de Compostela.