Skip to main content
Lugo

O espectáculo de Marcia Vázquez chega ao Gustavo Freire este venres como parte do Lugo en Danza

Por 8 Febreiro, 2024Sin comentarios

Como parte do programa Lugo en Danza, este venres 9 de febreiro o auditorio municipal Gustavo Freire acolle unha nova proposta. Trátase da peza Vaivén de Marcia Vázquez, da que se poderá gozar a partir das 20.30 horas.

É un espectáculo de danza contemporánea que navega en mareas vivas, unha investigación que se sumerxe nas vibracións, nas ondas sonoras e que reverbera, a súa ez, no oceáno interior das emocións.

LED Lugo en Danza é un ciclo de programación e mediación cultural que xira en torno á danza e ás artes do movemento. Búscase apostar polo traballo dos artistas da comunidade galega, abrindo un novo espazo para a difusión das súas pezas.