Skip to main content
Lugo

O Museo de Lugo acolle a presentación dunha nova obra sobre a historia das moedas de Galicia

Por 2 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Museo de Lugo, xestionado pola Vicepresidencia da Deputación, acolleu a presentación do libro De monetaria galega. Galiza e a súa moeda dende a Antigüidade ata os nosos días, que pon o broche de ouro a exposición homónima que se puido ver no museo o pasado ano.

Esta edición recompila as moedas e billetes, dándolle un valor especial á súa peza máis singular, o sestercio caetra, para dar dimensión ao papel desta ciencia na cultura, economía, política e sociedade galega. A deputada de Cultura, Iria Castro, acompañou
durante a presentación aos comisarios da mostra Pablo Núñez Meneses, Antonio Roma e Aurelia Balseiro, tamén directora do Museo.

A numismática galega recollida neste documento permite coñecer a historia das moedas de Galicia dende a antigüidade ata hoxe e analizar o papel da sociedade en xeral, pero tamén das mulleres. A edición divide a colección en sete partes: a romanizacións, o período de suevos e visigodos, a moeda a través do Camiño de Santiago, a Ceca Galega, a Ilustración, dos Cambios e a banca e por último fai un repaso á investigación. Ademais do sestercio caetra reúne información de moedas áureas xermánicas do Noroeste peninsular e un billete único de Santiago de Compostela, entre outras.