Skip to main content
Lugo

A UNED pon en marcha un curso para potenciar os negocios a través das redes sociais

Por 8 Febreiro, 2024Sin comentarios

A UNED propón unha nova actividade para todos aqueles interesados nas plataformas sociais. A través da proposta Lanza e potencia o teu negocio a partir das redes sociais abordarase un panorama xeral sobre os puntos a ter en conta para un correcto lanzamento dun negocio virtual nun dos medios de comunicación que pisan forte na actualidade, as redes sociais. Xa se encontra aberto o prazo para poder matricularse.

Trátase dunha iniciativa adecuada para emprendedores, autónomos, artistas ou para todos aqueles que sexan amantes da creatividade. Marianella Ahmed Farha, freelance, deseñadora gráfica e animadora 2D, participa nesta actividade. Realizarase de maneira online, do 15 ao 26 de febreiro, de 18.00 a 20.00 horas. Os interesados en coñecer máis información ou en inscribirse poden facelo a través da web.