Skip to main content
Lugo

O PP asegura que urxe facer o centro de saúde do Sagrado Corazón antes doutras dotacións no barrio

Por 7 Febreiro, 2024Sin comentarios

O responsable de sanidade, Julio Comesaña, mantivo un encontro coa directiva da Asociación do Sagrado Corazón e lles trasladou o seu compromiso de que o novo Centro de Saúde unha prioridade para o Partido Popular. Neste encontro coa veciñanza participaron candidatos da lista do PP pola provincia de Lugo que lembraron como o concello recibiu unha carta da Xunta en novembro de 2021 solicitándolle terreos para facer esta dotación.

“Case dous anos e medios despois daquela solicitude veñen de responder nos últimos días apurados e a golpe de titulares electorais”, asegurou Comesaña. Tamén matizou que agora intentan “enredar pedindo novos servizos o que podería supor unha demora na construción do Centro de Saúde”. Os populares asumen que a zona pode necesitar novos servizos e que é preciso estudar cales pero insisten en que o urxente é facer o convenio para a cesión da superficie para o Centro de Saúde.

O actual centro de saúde Sagrado Corazón está situado no baixo dunhas vivendas sociais ocupando unha superficie de 561 m2 en diferentes niveis, con instalacións obsoletas e falta de espazos para implantar novos servizos. Ao facerse un novo centro de saúde triplicaríase a superficie ata os 1.500 m2 e planifícase para a atención de 10.000 pacientes, o que permitirá reorganizar os cupos dos centros de saúde de San Roque e Illas Canarias