Skip to main content
Lugo

A Escola Politécnica Superior ofrece un debate coas propostas para o agro cara a próxima lexislatura

Por 8 Febreiro, 2024Sin comentarios

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC acolle este venres, a partir das 16.30 horas, un debate sobre as propostas para o agro galego cara a próxima lexislatura que teñen as tres forzas políticas con representación no Parlamento de Galicia. A sesión, promovida desde Campo Galego e aberta a todo o público interesado, estará moderada polo xornalista David González.

O voceiro parlamentario da formación nacionalista, Xosé Luis Rivas, a deputada do PP Raquel Arias, integrante da Comisión de Agricultura do Parlamento de Galicia durante a última lexislatura;  e Jaime Losada, veterinario e integrante da candidatura do PSdeG-PSOE por Lugo, serán os tres representantes políticos que intervirán como relatores nunha sesión que tamén se poderá seguir por streaming a través das distintas canles de Campo Galego.

O subdirector da EPS de Enxeñaría, Emilio Carral Vilariño, será o encargado de presentar este debate monográfico sobre propostas para o futuro do agro galego, un faladoiro público estruturado en sete bloques temáticos e no marco do que se tratarán tanto as distintas problemáticas que afectan ou inciden no agro, os retos que teñen por diante os distintos axentes produtivos do sector primario ou, entre outros, a Política Agraria
Común (PAC).