Skip to main content
Lugo

Olalla Rodil defende en Lugo unha actualización das Directrices de Ordenación do Territorio

Por 8 Febreiro, 2024Sin comentarios

A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil, participou nun debate organizado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) sobre ordenación do territorio. Rodil defendeu que a xestión do territorio é “de vital importancia para Galiza, a nosa
terra ten unhas características territoriais especialmente singulares e nomeadamente diferenciais con respecto ao resto do Estado español”. Deste xeito, sinalou que esas diferenzas “historicamente nunca se tiveron en conta, impóndosenos modelos alleos, que non eran os acaídos para a nosa realidade e as nosas necesidades”.

Tamén defendeu a importancia de ser conscientes de que o modelo de ordenación territorial e urbanística convencional -orientado á regulación do uso e zonificación do solo- é “unha ferramenta insuficiente para afrontar os novos retos territoriais, sociais, económicos e ambientais do noso país”. Rodil engadiu que desde o Goberno da Xunta, no BNG traballarán “para actualizar as  Directrices de Ordenación do Territorio (DOT), converténdoas nun instrumento no que facer o equilibrio preciso entre as necesidades sectoriais de políticas concretas como a industrial, agrícola ou medio ambiental e o rigoroso compromiso de construírmos unha terra máis verde e descarbonizada”.