Skip to main content
Lugo

Ana Pontón, en Lugo: “Necesitamos un Goberno que lle diga a verdade sempre á xente”

Por 12 Febreiro, 2024Sin comentarios

Estes domingo, a candidata do BNG á Presidencia da Xunta de Galicia, Ana Pontón, visitou Lugo para protagonizar un mitin no que tamén interveu tamén a cabeza de lista pola provincia, Olalla Rodil. No encontro, Pontón asegurou que confía nunha cidadanía “disposta a saír a gañar un futuro mellor e que sabe que quen son parte do problema non poden ser parte da solución”.

A candidata lembrou aos presidentes que tivo a comunidade nas últimas catro décadas. “Nestes 43 anos, tivemos 6 presidentes de forzas estatais, é certo que a maioría foron do Partido Popular e non foron capaces de situar ao noso país no lugar que lle corresponde”. Deste xeito, animou a non perderse a cita electoral do vindeiro 18F: “Se nós queremos resultados diferentes, temos que apostar por algo diferente”. E a concentrar o voto no seu partido. “Se o próximo domingo concentramos todo ese voto na papeleta do BNG, imos ter motivos para sorrir porque este país vai abrir un tempo novo, un tempo de futuro”.

A candidata polo BNG asegurou que dende Madrid “ninguén me vai a poñer límites á hora de defender os intereses deste país”, así coma desde ningún consello de administración das grandes empresas. Tamén recordou a necesidade dun “Goberno que lle diga a verdade sempre á xente”. Aproveitou a ocasión para facer referencia a unhas declaracións do candidato do PP á Presidencia da Xunta. “Dixo Rueda que o PP ten palabra e non promete nada do que non pode cumprir. Eu non sei se vós recordades cando viñeron aquí en 2009 a prometer que ían facer o AVE Lugo-Ourense, que ían págalo desde a Xunta”. Xunto con este argumento, enumerou as promesas da dereita: solucionar o problema de Alcoa, rehabilitar o barrio da Tinería, levar a cabo o Museo da Romanización e crear vivenda pública na cidade. “Menos mal que teñen palabra e non prometen nada que non vaian cumprir”, concluíu.