Skip to main content
Lugo

A mostra ‘Literatura e Videoxogos’ do MIHL firma preto de 3.000 visitantes en dous meses

Por 14 Febreiro, 2024Febreiro 15th, 2024Sin comentarios

Preto de 3.000 persoas xa visitaron a exposición Literatura e Videoxogos, inaugurada o pasado 5 de decembro no MIHL Así o trasladou Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, que quixo compartir os datos de visitantes da mostra, organizada polo Museo do Videoxogo en colaboración coa área de Cultura, e que ofrece máis de 40 pezas, entre dispositivos e obras de software, de importante valor histórico e conceptual durante 2 meses.

En total, explicou Maite Ferreiro, foron 2.965 as persoas que se achegaron ao MIHL dende o 5 de decembro ao 9 de febreiro para visitar a exposición Literatura e Videoxogos, que afondou “nas narrativas e na lingua integradas como elementos inseparables das obras interactivas, e que permitiu xogar e experimentar a todas as que se achegaron”, insistiu a concelleira.

Durante o primeiro mes de exposición, do 5 ao 30 de decembro, visitárona 1366 persoas, 982 individualmente e 384 en grupo, destacando especialmente o público adolescente. No mes de completo de xaneiro, foron 1098 persoas visitantes, 768 individual e 330 en grupo; mentres que do 1 ao 9 de febreiro foron 501 persoas, 195 individualmente e 306 en grupo.

Vínculo entre videoxogos e literatura

A Fundación Museo do Videoxogo de Galicia quixo entrever con esta exposición “a relación existente entre videoxogos e literatura, na súa expresión artística e o seu valor, desenvolvendo para o Concello de Lugo unha instalación experimental”, asegurou Ferreiro.  O éxito foi tal que, “a área de Cultura contaba xa con máis de 500 estudantes confirmados para visitar esta exposición antes da súa inauguración”.

Ferreiro recalcou o compromiso do Concello de Lugo en traballar para garantir unha programación cultural “que inclúa distintas expresións artísticas e correntes culturais, para que os museos da cidade de Lugo se convertan en puntos de referencia e espazos abertos para satisfacer os intereses da poboación e fomentar o diálogo cultural”, rematou a concelleira de Cultura.