Skip to main content
Lugo

Lara Méndez asegura un novo centro de saúde de calidade no Sagrado Corazón

Por 15 Febreiro, 2024Sin comentarios

Lara Méndez, candidata polo PSdeG-PSOE por Lugo, anunciou no barrio do Sagrado Corazón que con José Ramón Besteiro como presidente se garantirá a execución dun novo centro de saúde, “cunha atención de calidade, agora inexistente, con suficientes equipos sanitarios e materiais”. Méndez asegura que se trata dunha zona “cunha poboación envellecida, pero que tamén crecerá e atraerá a veciñanza moza unha vez que as obras da estación Intermodal finalicen, que suporá unha mellora da urbanización e dos accesos a esta área”.

A socialista adquiriu este compromiso nunha reunión que mantivo este mércores con veciñas e veciños do barrio. “A cidadanía merece dispor da mellor asistencia sanitaria, e co cambio de Goberno con Besteiro o fronte a cita co médico de cabeceira se obterá nun máximo de 48 horas’, sostivo, “ao mesmo tempo que se optimizará a atención primaria con máis recursos”. Lembrou Méndez, ademais, que o Concello xa ten os terreos do antigo colexio para construír o centro de saúde, “e agora a Xunta xa pon en dúbida que
sexa a idónea; non se podo enganar así á veciñanza’.

A candidata lamentou que Alfonso Rueda nin lle contestase á carta que lle remitiu como alcaldesa para ofrecerlle a totalidade da parcela do antigo colexio para que tamén levantase un centro de día e unha residencia para maiores, “que piden as e os veciños do barrio e que son competencias da Xunta de Galicia”. Asegura que se gobernan a Xunta estudiarán e planificarán “estas novas infraestruturas que solicita á cidadanía, incluso unha gardería para as familias que se están instalando”.